¿Por qué Hermanos Mariño?

ųPor qué Hermanos Mariño?

Porque 12 anos adicados con paixón á elaboración de carpintería en madeira maciza permitennos garantir a calidade dos nosos produtos.
Porque tódalas madeiras que usamos proveñen de talas controladas con certificación forestal (P.E.F.C. ou F.S.C.).
Porque utilizamos madeiras laminadas para ofrecer unha maior resistencia e minimizar as posibles variacións dimensionais.
Porque fabricamos perfís especialmente diseñados para absorver tódalas dilatacións posibles.
Porque aplicamos en tódolos produtos vernices base auga ceives de todo tipo de disolventes prexudiciais para a saúde e o medio ambiente.
Porque ofrecemos unha garantia no acabado dos nosos produtos para exteriores.
Porque os nosos produtos compróbanse en bancos de probas, conseguindo os mellores resultados nos ensaios estancos, térmicos, acústicos e de resistencia ó aire e ó vento.
Porque ofrecemos un servizo anual e gratuito de inspección técnica das obras acabadas e evaluación do seu mantemento.
Porque garantimos unha relación seria cos nosos clientes, contratos claros y a mellor relación calidade-prezo.