¿Por qué Hermanos Mariño?

Empresa

Irmáns Mariño Cores naceu no ano 1998 coa clara idea de realizar unha actividade adicada á carpintería profesional de madeira maciza. Con máis de 10 anos de experiencia, logramos unha alta especialización en estruturas e calquera tipo de cerramentos interores e exteriores, ademais da gran preocupación porla correta relación calidade - prezo en tódolos nosos produtos e traballos.

O equipo de profesionais que forma Irmáns Mariño síntese orgulloso con cada traballo realizado de maneira minuciosa e planificada, conseguindo unha total satisfacción pola parte dos nosos clientes.

O compromiso de Irmáns Mariño é afrontar unha constante innovación para garantir a máxima calidade. É importante pór de resalto que levamos a cabo a nosa actividade co máximo respeto polo medio ambente; cumplindo con tódalas normas de calidade establecidas.

A confianza que Irmáns Mariño garante en cada proxecto, fai que os nosos clientes poidan estar totalmente tranquilos coa completa garantía dun traballo de calidade profesional dende o principio ata a fin.

O asesoramento especializado que lles ofrecemos fará que as súas ideas sexan realidade, visite os nosos produtos e entre no maravilloso mundo da madeira, onde un produto totalmente natural aportaralle; distinción e exclusividade á súa casa.