¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

Galerías

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar


A carpintería de madeira faise imprescindible na construcción das icónicas galerías acristaladas que ainda podemos atopar en moitas localidades da nosa xeografía, con distintos acabados lacados ou vernizados con produtos base auga. Ademais do seu innegable valor estético, unha boa galería aportará eficiencia enerxética á súa vivenda, facendo de illamento fronte ao vento e a humidade e mantendo o calor no interior da estancia durante o inverno.

En Irmáns Mariño Cores realizamos tanto obra nova como rehabilitacións e reconstruccións de antigas galerías, moitas delas protexidas por patrimonio, copiando os formatos e as molduras orixinais.

Os nosos técnicos asesoraranlle durante todo o proxecto, recomendándolle a mellor opción en materiais e custes. A nosa ampla experiencia neste eido permítenos estar á vangarda deste tipo de obras.

HEMACOR garante a máxima calidade tanto na fabricación como na correcta instalación da galería, ofrecendo incribles prestacións de illamento térmico e acústico.

Reconstrucción da galería da Casa Doña Tomasa en O Naval (Illa de Arousa), engadida recentemente no catálogo de patrimonio do concello.

 

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar